martes, noviembre 24

II Xornadas pola Cultura Livre [Decimoprimeira semana: Gran remate final]


Pois si, pois si. Chegou o gran día, as xornadas chegan o seu fin...por agora, claro! Pechámola programación este 28 de novembro tras once semanas de traballo onde perdemos neuronas e deixamos reflexo de que por sorte a cultura livre segue en boa forma e continúa medrando. Así que para rematar, este SÁBADO 28 DE NOVEMBRO, ás 23:30 HORAS na SALA A FARÁNDULA (Churruca, Vigo) e por 5 EUROS para a aoxestión das xornadas, témolo pracer de presentar en concerto:

BLACK PANDA (Hardcore Punk Rock / A Coruña)
HONGO (Metal Mugre / A Coruña)
WE RIDE (Hardcore Punk / Vigo)

E coma sempre... acudide e difundide! Apoia as xornadas!

jueves, noviembre 19

II Xornadas pola Cultura Livre [Décima Semana]


Isto vai rematando! Estamos xa na penúltima semana das xornadas, asi que atentos ó remate que xa estamos argallando algo grande! Pero non nos precipitemos, imos coa programación desta finde que pasamos lista:
Venres 20 de novembro:
-Ás 20:30 horas, no CS A Cova dos Ratos:
Retransmision en directo dende o CS Atreu en Coruña: "Licencias livres e propiedade intelectual"
R. Brenlla+L. Rodríguez
-Ás 23:00 horas, na Sala A Farándula:
IGMIG en concerto (electropunk)
Sábado 21 de novembro:
-Ás 18:00 horas , no CS Xogo Descuberto: Taller de operador de cámara.
Acudide e difundide!

lunes, noviembre 9

II Xornadas pola Cultura Livre [Novena Semana]


Semana importante das xornadas en Coia! Ala imos coa programación:

Xoves 12:
Actuación do Breo no CSA Xogo Descuberto, ás 20:30 horas e de balde. O Guindastre volvenos ceder a este elemento en exclusiva para o desfrute de tódolXs coianXs. Despois do concerto haberá cea, desta vez o noso chef preparará Ratatouille para Xs que se anoten. Coma sempre, 5 euros con pan e unha consumición. Podedesvos anotar antes do xoves ás 19:00 horas en xogodescuberto@hotmail.com ou no propio local.
Venres 13:
O venres está de noraboa outro músico do barrio, xa que Pow presenta o seu disco Ciudadano X na Sala A Farándula. Será ás 23:30 horas, e a entrada 5 euros con CD.
Sábado 14:
E por último, o día grande, de novo no local de Xogo Descuberto, onde celebraremos o magosto deste ano pero cunha programación especial para estas xornadas:
Contaremos cuns dos mellores artistas de rúa da nosa cidade; Pelucas, Tayone, Check... que ampliarán a súa obra na praza do noso centro social.
Haberá actividades para os mái cativos e cativas.
Virá Garci a rapear, e contaremos cun obradoiro de Beat-box a cargo de Gende.
Para rematar, haberá un magosto-festa con castañas e foliada! Non hai escusas, vemonos alí!

lunes, noviembre 2

II Xornadas pola Cultura Livre [Oitava Semana]

Seguimos coa programación; moi pronto actualizaremos a web das xornadas con todo novembro.

Esta finde non faltes ó concerto! Venres 06 ás 23:30 horas coma sempre, na sala A Farandula (Churruca, Vigo):

SIERVOS DE NADIE (Vigo)
TRASHBAILE (Porto)
GLASS (Vigo)

Desta vez a entrada son 3 euros, para seguir autoxestionando as xornadas.

E o sábado 07, ás 20:00 horas no CSA O Guindastre:
palestra participativa com RENDEREN colectivo editorial e algúns grupos que tenhem intervido no monográfico.