miércoles, abril 14

I ANIVERSARIO CSA XOGO DESCUBERTO


Primeiro ano! Agardamos que veñades celebralo con nós. E coma sempre...difundide!

domingo, marzo 7

Concerto CSA Xogo Descuberto‏

Este sábado 20 de marzo de 2010, ás 23:00 horas na sala A Farándula, o CSA Xogo Descuberto presenta en concerto e pola autoxestión:
SKARMENTO
Presentación do seu terceiro traballo "Skarmento"
Punk Rock-Donramiro
www.myspace.com/skarmento
SALDOS ARIAS
Punk Hardcore-Vigo
www.myspace.com/saldosarias

A entrada será de 5 euros, para colaborar co Centro Social do barrio de Coia.

miércoles, febrero 10

VII EDICION FESTA DO BIGOTE (que bote, que bote)


"Vale que cheguemos un par de meses tarde...
pero sen queixarvos que a FESTA DO BIGOTE XA ESTÁ AQUÍ:

O VENRES 19 DE FEBREIRO ás 23:00 HORAS (puntuais!) e na SALA A FARÁNDULA (Churruca, Vigo), temos o pracer de presentarvos en concerto:
A POLÉMICA BANDA DOS BECHUCHOS
BLACK RAT RUBIES
ROSA 5
SMEAGOL EN LAS GAUNAS
LOVERCANS
LOS CHARIS Y EL NIÑO DE PUERTO RICO
REAL BANDA DE GAITAS DE TEIS
(Orde por decidir)
7 grupos por 3 euros e un incrible sorteo... vémonos la VII FESTA DO BIGOTE!!"

miércoles, enero 27

1º CONCERTO DA II CARAVANA REIVINDICATIVA DE GALIZA NON SE VENDE

Galiza Non Se Vende sae de novo á rua coa II Caravana de concertos e actividades por cidades e vilas galegas.
O primeiro concerto, o de presentación da Caravana, será en Vigo, o Sábado 30 de Xaneiro ás 22:30 na Sala Farándula (Prza. de Portugal). Actuarán:
Labregos do tempo dos sputniks (García MC (DKTC) máis Leo i Arremecághona)
Abobriga (Música tradicional / contemporánea)
Assircópatas (Teatro e circo)
Colaboración 2 Euros
Esta Caravana rematará o 21 de Marzo, cunha grande manifestación nacional en Compostela en defensa do territorio (a terra, o mar, o aire, os ríos... e os recursos naturais todos). Porque sin territorio non hai vida, non hai cultura, non hai música, non hai nada.
http://www.myspace.com/caravanagalizanonsevende
Goberne quen goberne Galiza Non Se Vende
Terra viva e vida digna para tod*s