miércoles, diciembre 24

Mercadiño de troco 27/12


Comezarase as 11 da maña no mercado do Calvario có troco mailo taller de xoguetes reciclados ata a 1, xa pola tarde entre as 5 e as 7 continuarase có mesmo desta vez na praza da princesa.
A partir das 7 da tarde animación na rúa e entre diversas actividades a aparición dos "zombies" de Xogo Descuberto e todas as persoas que queiran.
Vémonos o Sábado.

miércoles, diciembre 17

O Guindastre

Pois os compas do colectivo O Guindastre están de inauguración, xa que estrean local social no seu barrio, en Teis, este venres. Terá lugar dende as 5 da tarde ata as doce da noite. Desexámoslle moita sorte no seu novo proxecto, e alí nos vemos!

lunes, diciembre 15

Este sistema non nos serve.


Xogo Descuberto quere apoiar e sumarse a todo-los colectivos convocantes, nesta protesta.
A continuación podedes leer o manifesto conxunto.
Convocan:
CXT, Plataforma Contra a Autovía de Redondela, Verdegaia, Ateneo Libertario Lume Negro de Ponteareas e Precarias En Loita.


Hai xa case un ano o ministro de economía, Pedro Solbes, e a totalidade do goberno do Estado negábanse a pronunciar a palabra crise; sen embargo, dende hai uns meses, este temor é o máis repetido nas noticias, nos faladoiros das radios e televisións e mesmo nas nosas conversas. Pero, cando nos falan e falamos de crise, de que estamos a falar? Por unha banda o colapso dun sistema financeiro mundial que acumulou xigantescos beneficios grazas ás políticas especulativas, e por outra banda a situación da clase obreira que xa antes desta crise atopábase con grandes dificultades: salarios que non chegan aos mil euros, salarios que perden poder adquisitivo progresivamente (un 5% nos dous últimos anos), un 20% da poboación por baixo do limiar da pobreza, precariedade no emprego como feito habitual, porcentaxes de paro nos niveis dos anos 80... Esta situación xa existía con anterioridade a esta fase da economía capitalista que o poder económico, e os seus lacaios políticos, chaman crise. Dende os anos 90, e como consecuencia do ultraliberalismo aplicado nos anos 80, os “intelectuais” do capitalismo, veñen anunciando o fin da historia e a chegada do sistema perfecto; un sistema que deron en chamar globalización. A día de hoxe quedou demostrado que a historia non chegou ao seu fin, que o capitalismo é o sistema que ten que desaparecer, que a globalización non era máis que un eufemismo para non chamar polo seu nome ao imperialismo capitalista... quedou demostrado que ¡¡ O SISTEMA NON SERVE!! O que eles chaman crise non é máis que un estancamento do consumo, o pobo traballador xa non pode absorber todas as mercadorías, non ten xa de onde sacar recursos para manter as marxes de beneficio do capital. O salario real dos traballadores e traballadoras chegou a mínimos tan ridículos que non poden manter as esixencias destes piratas. Que se lles ocorre para saír do labirinto aos poderes económicos? Pois que sexan os traballadores e traballadoras os que poñamos da nosa parte para solucionar os problemas dos bancos, multinacionais e grandes empresas. En primeiro lugar máis contención salarial, e en segundo lugar xeneralización dos Expedientes de Regulación de Emprego (EREs) coa complicidade do sindicalismo vendido ao poder. Pero tamén pretenden apoiarse no expolio do territorio entendido como novo xerador de riqueza, mediante a chegada da alta velocidade e a aposta pola construcción de grandes infraestructuras, ou a farsa da sustentabilidade cando a industria e o transporte seguen a resultar tan contaminantes coma sempre apoiados nos combustibeis fósiles. Igualmente non dubidan en aforrar recortando axudas sociais e privatizando servizos, nun momento no que proliferan todo tipo de males propios das sociedades chamadas modernas, ben en forma de pobreza ben en forma de exclusión social. O goberno do estado español aprobou un paquete de medidas para “solucionar a crise”: 30.000 millóns de euros, ampliables a 50.000, para comprar activos financieiros e darlle liquidez aos bancos; creación dun fondo de avais de 100.000 millóns de euros para que afronten os malos tempos, e finalmente o pago das hipotecas dos parados durante dous anos. Esta última medida é un exemplo máis do cinismo que rodea a estes cínicos: non se trata de renegociar a hipoteca dos traballadores que pola crise non poden afrontar os pagos, non, trátase de que será o estado quen corra cos pagos ás entidades bancarias e, pasados dous anos, comezará a recuperar os cartos volvéndolle a cobrar aos traballadores. Conclusión: a banca provoca a crise, os traballadores lle deixan os cartos sen interese algún para que manteñan a súas ganancias, e cando os traballadores non teñan para comer os bancos lle deixan cartos que terán que devolver con intereses asfixiantes. O ladrón nos rouba e logo lle deixamos as chaves da casa para que volva. Pero aínda hai máis, nesta situación, o goberno español propón uns orzamentos para o 2009 nos que aumentan ata 49,5 millóns de euros os gastos de presidencia de goberno, nos que aumenta nun 4,5% o presuposto da Casa Real, onde aumenta o 24,5% os gastos para partidos políticos e onde o IRPF ás grandes empresas baixa un 30%. Non somos nós os responsábeis desta situación que vimos sufrindo dende hai anos, con moita máis gravidade dende a entrada do euro e a consecuente inflación. Por que temos que pagala nós? Fronte a estas políticas de apoio a grandes empresas e banca cos nosos cartos, fronte a pasividade da autoridade laboral ante a declaración de EREs para aumentar os beneficios das empresas (non para reducir perdas) só cabe a denuncia e a mobilización.

NON SEXAS CÓMPLICE DESTE ENGANO, MOBILÍZATE O DÍA 16 DE DECEMBRO, ÁS 20 HORAS, DESDE VÍA NORTE ATA A PRAZA DA ESTRELA.

jueves, diciembre 11

VI EDICION FESTA DO BIGOTE

Custounos pechalo cartaz, pero velaí o tedes. Coma sempre unha mostra da escena musical local, e desta vez incluso algunhas formacións feitas para a ocasión. Festa asegurada na xa sexta edición da nosa festa do bigote. Alí nos vemos.

miércoles, noviembre 26

Manifestación contra o Plan Vigo Íntegra


Deixámosvos a convocatoria da manifestación do día 30 e enlazamos os dez motivos e as alternativas que se propoñen e tamén o video informativo.


"Agardámosvos a tod@s o domingo ás 12 na Gran Vía de Vigo (Praza dos Cabalos) para camiñar xunt@s cara á retirada do Plan Vigo Íntegra, nunha manifestación convocada por 30 colectivos sociais, culturais e ecoloxistas de todas as vilas e comercas afectadas.O Vigo Íntegra é un Plan baseado nun modelo obsoleto de transporte e mobilidade que esquece totalmente o transporte público e estimula a utilización do vehículo privado, xerando aínda máis contaminación e incrementando o consumo de petróleo.Provocaría un enorme e irreversible impacto ambiental, social e económico, e a destrución do noso patrimonio cultural e arqueolóxico.Malgastaría 2.000 millóns de euros de diñeiro público na construción de 243,8 quilómetros de novas autovías, asfaltando máis de sete millóns de metros cadrados de territorio, afectando gravemente ó concello de Vigo e ás comarcas do Morrazo, Baixo Miño, O Rosal, Val Miñor, Condado-Paradanta, A Louriña, Redondela e área sur de Pontevedra.Este Plan pretende converter toda a área afectada nunha gran máquina económica: producir máis para consumir máis.E para iso non dubida en destruír o territorio, a paisaxe, a natureza, a biodiversidade e o noso patrimonio material e inmaterial... Non dubida, polo tanto, en destruír a nosa identidade.Non está feito para ti, senón contra ti.
Domingo 30 de novembro, ás 12:00Pola retirada do Plan Vigo ÍntegraO ASFALTO NON É PROGRESO
Goberne quen goberneA RÍA NON SE VENDEGALIZA NON SE VENDE"

martes, octubre 21

I Xornadas Antisgae

Arrincamos por fin! Un proxecto con intención de continuar; así que admítense propostas ou colaboracións para a seguinte en tódolos ámbitos. Para calquera cousa, xogodescuberto@hotmail.com.

Deixamos máis información sobre as proxeccións que nos ofertan as compañeiras da Cova:

Martes 28 de outubro:

Retransmisión en directo dende a Sala Apolo, Barcelona: Os "oXcars", primeiros premios internacionais da cultura libre.
O maior evento internacional da cultura libre de todos os tempos. Unha gran gala non profit aberta a todos.
Máis de 100 artistas involucrados…un total de 16 actuaciones…7 horas non-stop de cultura libre…

+info: http://exgae.net/los-oxcars

Mércores 5 de novembro:

Copyright 2.0" de Daniel Muños e Ruth Ponce, 2006. 35min.
Documental Creative Commons. Un grupo de amigos está a montar un grupo, comezan a definirse, nome, primeiros concertos, e inician unha exploración para coñecer todas as opcións sobre dereitos de autor.

+ info: http://www.broncoillustration.com/copyright_2_0/

domingo, septiembre 21

Comunicado


Piratas! Por segundo ano consecutivo vémonos obrigados a desembarcar na illa de Toralla.
Porque o acceso segue estando restrinxido, porque a especulación segue a darnos na cara, porque nos rebenta que un castro romano poida ser propiedade privada e porque nos irrita que unha illa no medio da ría de Vigo pertenza a uns poucos.
Por iso estamos aquí, para reivindicar de novo o uso público da illa, e mailo desfrute deses seis metros de litoral que por lei nos pertencen a todos.
Toralla non é máis que outro símbolo, a demostración de que a especulación cos espazos naturais non deixou nunca de existir, mentres nós estamos aquí, a ría utilízase como escaparate onde se celebra unha carreira elitista como pretexto para que uns poucos poidan facer os seus negocios, e ademais dínnos que queren converter a nosa ría nun Montecarlo máis ó que os ricos veñan a establecer os seus compadreos.
Queren vendela nosa ría, e Toralla é un exemplo claro de que hai xente disposta a comprala e construír nela a súa mansión.
Dende Xogo Descuberto queremos agradecer o apoio de todos os aquí presentes e lembrar que é máis necesaria que nunca a unidade entre tódolos colectivos, axudarnos en cada unha das nosas convocatorias e en cada unha das nosas actividades, creando un tecido de loita na sociedade capaz de combater a este plan íntegra e ó que veña, ó próximo recheo que pretendan facer e ó seguinte, ó abandono do casco vello, á construción na ría de máis centros comerciais, á privatización de espazos públicos e en definitiva; capaces de loitar contra a especulación voraz á que día tras día vémonos sometidos.
Piratas! Temos que tentar seguir adiante entre todos para combater ese uso mercantilista e miserable que se está a facer da ría de Vigo, e que quede ben claro que a ría non se vende.

sábado, agosto 30

II Reconquista de Toralla 08

De volta xa, agardamos vervos a todXs alí para repetila experiencia.

sábado, agosto 2

Xa na rúa!

Noite especial a de onte. Como sabedes, presentamos este número xunto cunha gran actuación de Breo e Marcos. Coincidindo co festi de Viveiro, non esperábamos que vos achegárades tantos e tantas. A verdade é que foi emotivo reunirnos de novo cos antigos membros que foron pasando por Xogo Descuberto, con aqueles que por motivos xeográficos non poden estar con nós; así como cos colaboradores e demáis colegas. Graciñas por todo, e gracias tamén a Sese e Bego do Matrioska pola axuda e o bo trato.

martes, julio 29

Xogo Descuberto Número 6

Pois si, ó fin sae este novo número que tardou moito máis do esperado. Por elo, gustaríanos convidarvos a que vos acheguedes este venres polo Matrioska (Rúa Martín Códax, 4); a botarlle unha ollada con nós e así vérnolas caras. Que a verdade xa temos gana de darlle-las gracias persoalmente a tod@s aquel@s que colaboraron dende o primeiro número, así coma @s que dalgún xeito ou doutro vos interesades polos nosos proxectos. Xa sabedes, por alí andaremos!


domingo, junio 22

Novas

Boas! Perdoade antes de nada a desactualización do blog nas últimas semanas, xa que andamos ocupadXs en varios proxectos que xa vos comentaremos con detalle e quedou un pouco a parte.

Este fin de semana achegámonos á acampada na bouza que os compas da Asociación Luar organizaron en Coia. Baixo o lema Fai Barrio reclamamos no noso un centro cultural; a través da convivencia, intercambio de opinións e experiencias, e de outras actividades interesantes, coma visionadas ou un taller de Linux.

E unha gran noticia. E é que os compañeiros de Salvemos Monteferro están de noraboa: A Xunta incluirá Monteferro e a Costa dá Vela no parque nacional. Pasádevos pola súa web e poderedes ler a noticia completa. Xa sabedes, www.salvemosmonteferro.org/. Unha aperta e noraboa.

Por último deixámosvos un docu que nos parece moi interesante, de Jorge Furtado e que esperamos lles guste ós que non o coñecan xa: La isla de las flores.


viernes, abril 4

Xogo Descuberto en Proxecto Edición


Pois si, ala nos plantamos. Podedes atoparnos mañá na feira de publicacións independentes Proxecto Edición, no Pazo da Cultura de Ponteverda. Non faltedes!

viernes, marzo 14

Revista Número 5

Hoxe sae á rúa por fin o novo número da nosa revista. Esta noite toca reparto, podedes atopala nestes locais:

Vigo:
Máis Palá, La galería, QCaña, Ferrinhas, Wallace, Koxobar, Marinheiro, Candela, Frenopático
Lareca, O Bardo, Jarana, Remate, Porrón, Faneco, Casa de arriba, Cañamazo, Nós, Saladina,
A Curuxa, Labrego tolo, Auto de Fe, Bizarre e Gaita.

Santiago:
Lua Chea, Matadero, Novena Porta, Malas Pécoras, O Trasgo, Cervecería e Curruncho.

Redondela:
Candelaria.

Monforte:
Faraón e 29 Peldaños.

Xa sabedes!

lunes, marzo 3

Papás y Mamás

Extraido de saladeproyeccion.blogspot.com (Proyecta Films)

lunes, febrero 18

Video e crónica

Na páxina de Galiza Non se Vende xa podedes vela crónica da manifestación e mailo video da mesma.

viernes, febrero 15

Galiza Non se Vende

Lembrámosvo-la cita que temos todXs este domingo 17 ás 12 da mañá en Compostela:

"Desde A Guarda a Ribadeo, desde O Courel á Terra Cha, un terremoto de especulación e depredación da terra e do mar está destruíndo a nosa natureza, a nosa paisaxe e a nosa forma de vida. Está destruíndo, polo tanto, a propia identidade de Galiza.
Hoxe, máis que nunca, Galiza precisa de ti, datúa voz e da túa forza"


Acción contra o centro comercial da Laxe (Vigo)

Manifestando o seu descontento con esta nova aberración, un grupo de vigueses acudiron á inaguración do novo centro comercial para facer un acto con dobre finalidade. Por unha parte berraron contra o consumismo que arrastra a data do 14 de febreiro, e por outra parte denunciaron o ataque que fai este novo centro á ría de Vigo e o Casco Vello.
Un aplauso para el@s.

Podedes velo cartaz e a crónica en galiza indymedia.
E o video da acción colgado por piratasgz.

domingo, febrero 10

Fuck Comics


Fuck Comics é unha asociación de debuxantes vigueses, que editan un fanzine de cómic underground nesta cidade. Algún dos seus integrantes colabora de xeito regular coa nosa publicación. Ó longo deste mes de febreiro, podedes achegarvos a ver unha mostra do seu traballo na Cantina Candela! (rúa Martín Códax, 13. Vigo), xa que expoñen algunhas das súas portadas e ilustracións. Xa sabedes!

domingo, febrero 3

Xogo Descuberto CD Recopilatorio

Trala súa presentación na Festa do Bigote´07, pronto vos informaremos dos puntos onde venderemos este disco. 18 temas de 9 bandas viguesas afíns ó noso colectivo por 2,5 euros. Mentres tanto, podedes escoitar un adianto no noso space: www.myspace.com/xogodescubertocolectivo

lunes, enero 28

Tratado de Lisboa


Aínda que a moitos de vos soaravos a chinés este tema do Tratado de Lisboa, paga a pena indagar un pouco e saber o que realmente está a pasar. Tralo rexeite da constitución europea, lanzan sen o noso consentimento e pola vía rápida este instrumento tralo que se esconde gran parte da mesma.
As compañeiras de Precarias en Loita, están a levar a cabo unha serie de actos informativos cos que pretenden amosarnos as súas nefastas consecuencias.
O pasado xoves 24 de xaneiro fixeron unha charla coloquio “Que é o Tratado de Lisboa” no centro social A Cova dos Ratos, ademais realizar previamente un acto informativo na rúa o día 19 en Vigo, do que podedes ver neste enlace a crónica do mesmo e algunhas fotos: aquí

Se queredes saber que se oculta tras este tratado, podedes consulta-la web:
http://www.tratadolisboa.blogspot.com/

Para saber máis sobre estas xornadas podedes votarlle un ollo ó blog do GAS e a páxina Precarias en Loita:
http://grupodeaxitacionsocial.blogspot.com/
http://precarias.arkipelagos.net/