miércoles, diciembre 24
Mercadiño de troco 27/12
miércoles, diciembre 17
O Guindastre
Pois os compas do colectivo O Guindastre están de inauguración, xa que estrean local social no seu barrio, en Teis, este venres. Terá lugar dende as 5 da tarde ata as doce da noite. Desexámoslle moita sorte no seu novo proxecto, e alí nos vemos!
lunes, diciembre 15
Este sistema non nos serve.
CXT, Plataforma Contra a Autovía de Redondela, Verdegaia, Ateneo Libertario Lume Negro de Ponteareas e Precarias En Loita.
jueves, diciembre 11
VI EDICION FESTA DO BIGOTE
Custounos pechalo cartaz, pero velaí o tedes. Coma sempre unha mostra da escena musical local, e desta vez incluso algunhas formacións feitas para a ocasión. Festa asegurada na xa sexta edición da nosa festa do bigote. Alí nos vemos.
miércoles, noviembre 26
Manifestación contra o Plan Vigo Íntegra
Deixámosvos a convocatoria da manifestación do día 30 e enlazamos os dez motivos e as alternativas que se propoñen e tamén o video informativo.
Domingo 30 de novembro, ás 12:00Pola retirada do Plan Vigo ÍntegraO ASFALTO NON É PROGRESO
Goberne quen goberneA RÍA NON SE VENDEGALIZA NON SE VENDE"
martes, octubre 21
I Xornadas Antisgae
Arrincamos por fin! Un proxecto con intención de continuar; así que admítense propostas ou colaboracións para a seguinte en tódolos ámbitos. Para calquera cousa, xogodescuberto@hotmail.com.
Deixamos máis información sobre as proxeccións que nos ofertan as compañeiras da Cova:
Martes 28 de outubro:
Retransmisión en directo dende a Sala Apolo, Barcelona: Os "oXcars", primeiros premios internacionais da cultura libre.
O maior evento internacional da cultura libre de todos os tempos. Unha gran gala non profit aberta a todos.
Máis de 100 artistas involucrados…un total de 16 actuaciones…7 horas non-stop de cultura libre…
+info: http://exgae.net/los-oxcars
Mércores 5 de novembro:
Copyright 2.0" de Daniel Muños e Ruth Ponce, 2006. 35min.
Documental Creative Commons. Un grupo de amigos está a montar un grupo, comezan a definirse, nome, primeiros concertos, e inician unha exploración para coñecer todas as opcións sobre dereitos de autor.
+ info: http://www.broncoillustration.com/copyright_2_0/
domingo, septiembre 21
Comunicado
Porque o acceso segue estando restrinxido, porque a especulación segue a darnos na cara, porque nos rebenta que un castro romano poida ser propiedade privada e porque nos irrita que unha illa no medio da ría de Vigo pertenza a uns poucos.
Por iso estamos aquí, para reivindicar de novo o uso público da illa, e mailo desfrute deses seis metros de litoral que por lei nos pertencen a todos.
Toralla non é máis que outro símbolo, a demostración de que a especulación cos espazos naturais non deixou nunca de existir, mentres nós estamos aquí, a ría utilízase como escaparate onde se celebra unha carreira elitista como pretexto para que uns poucos poidan facer os seus negocios, e ademais dínnos que queren converter a nosa ría nun Montecarlo máis ó que os ricos veñan a establecer os seus compadreos.
Queren vendela nosa ría, e Toralla é un exemplo claro de que hai xente disposta a comprala e construír nela a súa mansión.
Dende Xogo Descuberto queremos agradecer o apoio de todos os aquí presentes e lembrar que é máis necesaria que nunca a unidade entre tódolos colectivos, axudarnos en cada unha das nosas convocatorias e en cada unha das nosas actividades, creando un tecido de loita na sociedade capaz de combater a este plan íntegra e ó que veña, ó próximo recheo que pretendan facer e ó seguinte, ó abandono do casco vello, á construción na ría de máis centros comerciais, á privatización de espazos públicos e en definitiva; capaces de loitar contra a especulación voraz á que día tras día vémonos sometidos.
Piratas! Temos que tentar seguir adiante entre todos para combater ese uso mercantilista e miserable que se está a facer da ría de Vigo, e que quede ben claro que a ría non se vende.
sábado, agosto 30
sábado, agosto 2
Xa na rúa!
Noite especial a de onte. Como sabedes, presentamos este número xunto cunha gran actuación de Breo e Marcos. Coincidindo co festi de Viveiro, non esperábamos que vos achegárades tantos e tantas. A verdade é que foi emotivo reunirnos de novo cos antigos membros que foron pasando por Xogo Descuberto, con aqueles que por motivos xeográficos non poden estar con nós; así como cos colaboradores e demáis colegas. Graciñas por todo, e gracias tamén a Sese e Bego do Matrioska pola axuda e o bo trato.
martes, julio 29
Xogo Descuberto Número 6
Pois si, ó fin sae este novo número que tardou moito máis do esperado. Por elo, gustaríanos convidarvos a que vos acheguedes este venres polo Matrioska (Rúa Martín Códax, 4); a botarlle unha ollada con nós e así vérnolas caras. Que a verdade xa temos gana de darlle-las gracias persoalmente a tod@s aquel@s que colaboraron dende o primeiro número, así coma @s que dalgún xeito ou doutro vos interesades polos nosos proxectos. Xa sabedes, por alí andaremos!
domingo, junio 22
Novas
Boas! Perdoade antes de nada a desactualización do blog nas últimas semanas, xa que andamos ocupadXs en varios proxectos que xa vos comentaremos con detalle e quedou un pouco a parte.
Este fin de semana achegámonos á acampada na bouza que os compas da Asociación Luar organizaron en Coia. Baixo o lema Fai Barrio reclamamos no noso un centro cultural; a través da convivencia, intercambio de opinións e experiencias, e de outras actividades interesantes, coma visionadas ou un taller de Linux.
E unha gran noticia. E é que os compañeiros de Salvemos Monteferro están de noraboa: A Xunta incluirá Monteferro e a Costa dá Vela no parque nacional. Pasádevos pola súa web e poderedes ler a noticia completa. Xa sabedes, www.salvemosmonteferro.org/. Unha aperta e noraboa.
Por último deixámosvos un docu que nos parece moi interesante, de Jorge Furtado e que esperamos lles guste ós que non o coñecan xa: La isla de las flores.
viernes, abril 4
Xogo Descuberto en Proxecto Edición
Pois si, ala nos plantamos. Podedes atoparnos mañá na feira de publicacións independentes Proxecto Edición, no Pazo da Cultura de Ponteverda. Non faltedes!
viernes, marzo 14
Revista Número 5
Hoxe sae á rúa por fin o novo número da nosa revista. Esta noite toca reparto, podedes atopala nestes locais:
Vigo:
Máis Palá, La galería, QCaña, Ferrinhas, Wallace, Koxobar, Marinheiro, Candela, Frenopático
Lareca, O Bardo, Jarana, Remate, Porrón, Faneco, Casa de arriba, Cañamazo, Nós, Saladina,
A Curuxa, Labrego tolo, Auto de Fe, Bizarre e Gaita.
Santiago:
Lua Chea, Matadero, Novena Porta, Malas Pécoras, O Trasgo, Cervecería e Curruncho.
Redondela:
Candelaria.
Monforte:
Faraón e 29 Peldaños.
Xa sabedes!
lunes, marzo 3
lunes, febrero 18
Video e crónica
Na páxina de Galiza Non se Vende xa podedes vela crónica da manifestación e mailo video da mesma.
viernes, febrero 15
Galiza Non se Vende
Lembrámosvo-la cita que temos todXs este domingo 17 ás 12 da mañá en Compostela:
"Desde A Guarda a Ribadeo, desde O Courel á Terra Cha, un terremoto de especulación e depredación da terra e do mar está destruíndo a nosa natureza, a nosa paisaxe e a nosa forma de vida. Está destruíndo, polo tanto, a propia identidade de Galiza.
Hoxe, máis que nunca, Galiza precisa de ti, datúa voz e da túa forza"
Acción contra o centro comercial da Laxe (Vigo)
Manifestando o seu descontento con esta nova aberración, un grupo de vigueses acudiron á inaguración do novo centro comercial para facer un acto con dobre finalidade. Por unha parte berraron contra o consumismo que arrastra a data do 14 de febreiro, e por outra parte denunciaron o ataque que fai este novo centro á ría de Vigo e o Casco Vello.
Un aplauso para el@s.
Podedes velo cartaz e a crónica en galiza indymedia.
E o video da acción colgado por piratasgz.
domingo, febrero 10
Fuck Comics
domingo, febrero 3
Xogo Descuberto CD Recopilatorio
Trala súa presentación na Festa do Bigote´07, pronto vos informaremos dos puntos onde venderemos este disco. 18 temas de 9 bandas viguesas afíns ó noso colectivo por 2,5 euros. Mentres tanto, podedes escoitar un adianto no noso space: www.myspace.com/xogodescubertocolectivo
lunes, enero 28
Tratado de Lisboa
As compañeiras de Precarias en Loita, están a levar a cabo unha serie de actos informativos cos que pretenden amosarnos as súas nefastas consecuencias.
O pasado xoves 24 de xaneiro fixeron unha charla coloquio “Que é o Tratado de Lisboa” no centro social A Cova dos Ratos, ademais realizar previamente un acto informativo na rúa o día 19 en Vigo, do que podedes ver neste enlace a crónica do mesmo e algunhas fotos: aquí
Se queredes saber que se oculta tras este tratado, podedes consulta-la web:
http://www.tratadolisboa.blogspot.com/
Para saber máis sobre estas xornadas podedes votarlle un ollo ó blog do GAS e a páxina Precarias en Loita:
http://grupodeaxitacionsocial.blogspot.com/
http://precarias.arkipelagos.net/