![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEglgcX5ELvFyOHntteIbgWkkWg3lXxw9bb04L_MmJgXe-FlmH8BUaPKAy1cGgc35QNzIZ1_cX1TmNLCxP5PJcx_7Goe450Cu7Fzx5c2z7Z9dVY7d4KfGGlJxy9bBmtB3U15V-EcbsxqBXw/s400/Cartel_XD.jpg)
O lugar elexido é de novo A Farandula (rúa Churruca, Vigo), para que o sábado 22 de agosto ás 23:00 horas celebremos un segundo concerto para recadar fondos para o noso centro social. Desta ocasión convidamos ós compañeiros Ultima Sacudida que virán dende Donramiro, e máis a 3 bandas do noso barrio: Embestida, Beerseekers e a Tronka Jazz Quartet, que regresan ó escenario para sumarse á causa. E como non, presentando e animando estará unha vez máis o amigo Breo, cedido en exclusiva polos compas do C.S.A. O Guindastre. Estará presente tamén a distribuidora alternativa La Contra, con música, fanzines... e poderedes conseguilo material das bandas convidadas.
Todavía dubidas?