domingo, septiembre 21

Comunicado


Piratas! Por segundo ano consecutivo vémonos obrigados a desembarcar na illa de Toralla.
Porque o acceso segue estando restrinxido, porque a especulación segue a darnos na cara, porque nos rebenta que un castro romano poida ser propiedade privada e porque nos irrita que unha illa no medio da ría de Vigo pertenza a uns poucos.
Por iso estamos aquí, para reivindicar de novo o uso público da illa, e mailo desfrute deses seis metros de litoral que por lei nos pertencen a todos.
Toralla non é máis que outro símbolo, a demostración de que a especulación cos espazos naturais non deixou nunca de existir, mentres nós estamos aquí, a ría utilízase como escaparate onde se celebra unha carreira elitista como pretexto para que uns poucos poidan facer os seus negocios, e ademais dínnos que queren converter a nosa ría nun Montecarlo máis ó que os ricos veñan a establecer os seus compadreos.
Queren vendela nosa ría, e Toralla é un exemplo claro de que hai xente disposta a comprala e construír nela a súa mansión.
Dende Xogo Descuberto queremos agradecer o apoio de todos os aquí presentes e lembrar que é máis necesaria que nunca a unidade entre tódolos colectivos, axudarnos en cada unha das nosas convocatorias e en cada unha das nosas actividades, creando un tecido de loita na sociedade capaz de combater a este plan íntegra e ó que veña, ó próximo recheo que pretendan facer e ó seguinte, ó abandono do casco vello, á construción na ría de máis centros comerciais, á privatización de espazos públicos e en definitiva; capaces de loitar contra a especulación voraz á que día tras día vémonos sometidos.
Piratas! Temos que tentar seguir adiante entre todos para combater ese uso mercantilista e miserable que se está a facer da ría de Vigo, e que quede ben claro que a ría non se vende.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Boas rapaces! Xa tedes unha crónica feita dende alg-a con fotos e video!

http://www.alg-a.org/

http://www.alg-a.org/spip.php?article1083

Apertas!
Antía.

Anónimo dijo...

http://www.youtube.com/v/c-AHJKhsnEU

Aqui temos un pequeno videoclip coa tematica de Toralla e diversas tomas da 2 Reconquista.