miércoles, noviembre 26

Manifestación contra o Plan Vigo Íntegra


Deixámosvos a convocatoria da manifestación do día 30 e enlazamos os dez motivos e as alternativas que se propoñen e tamén o video informativo.


"Agardámosvos a tod@s o domingo ás 12 na Gran Vía de Vigo (Praza dos Cabalos) para camiñar xunt@s cara á retirada do Plan Vigo Íntegra, nunha manifestación convocada por 30 colectivos sociais, culturais e ecoloxistas de todas as vilas e comercas afectadas.O Vigo Íntegra é un Plan baseado nun modelo obsoleto de transporte e mobilidade que esquece totalmente o transporte público e estimula a utilización do vehículo privado, xerando aínda máis contaminación e incrementando o consumo de petróleo.Provocaría un enorme e irreversible impacto ambiental, social e económico, e a destrución do noso patrimonio cultural e arqueolóxico.Malgastaría 2.000 millóns de euros de diñeiro público na construción de 243,8 quilómetros de novas autovías, asfaltando máis de sete millóns de metros cadrados de territorio, afectando gravemente ó concello de Vigo e ás comarcas do Morrazo, Baixo Miño, O Rosal, Val Miñor, Condado-Paradanta, A Louriña, Redondela e área sur de Pontevedra.Este Plan pretende converter toda a área afectada nunha gran máquina económica: producir máis para consumir máis.E para iso non dubida en destruír o territorio, a paisaxe, a natureza, a biodiversidade e o noso patrimonio material e inmaterial... Non dubida, polo tanto, en destruír a nosa identidade.Non está feito para ti, senón contra ti.
Domingo 30 de novembro, ás 12:00Pola retirada do Plan Vigo ÍntegraO ASFALTO NON É PROGRESO
Goberne quen goberneA RÍA NON SE VENDEGALIZA NON SE VENDE"

No hay comentarios: