viernes, marzo 13

Novo Local Social de Xogo Descuberto

Pois si, os rumores son certos! Levábamos tempo desaparecidos, xa que decidimos constituila Asociación Cultural Xogo Descuberto e comezar a traballar para ter por fin un local social no noso barrio onde desenrolar parte das nosas actividades e mailas de quen o precise. Estará situado no vello centro comercial 2, en Coia (rúa Salvaterra 13), e proximamente poderemos inaguralo con todolXs que vos acheguedes.


Pero como sabedes os comezos non son sinxelos, así que imos abusar un pouco da amizade cos colegas de Beerseekers, Vagabanda, Rojo 2 e Tanghana´s Show xa que sempre están ahi para botar unha man, e facer un concerto o venres 27 na Farándula en Churruca. Será ás 23:30 e os 5 euros da entrada serán destinados para o local. Alí nos vemos!

1 comentario:

Marqués de Sada dijo...

Moi guapo estivo o concerto do venres.

Por certo, teño bastantes fotos da última Reconquista de Toraia. Se as queredes volas mando.

Un saúdo e que haxa sorte co local social.