O Colectivo Xogo Descuberto nace ó redor do ano 2005, no barrio de Coia en Vigo.
Dispoñíamos dun amplo número de xente interesada en organizar e participar en actos, bandas musicais, varios técnicos de son, de audiovisuais e deseño gráfico, outr@s con máis habilidade á hora de escribir ou debuxar, e dous locais de ensaio e gravación.
En canto a forma de traballar do colectivo, nas asembleas, plantéxanse as actividades a realizar, discútense e os membros interesados no tema en cuestión comezan a organizarse para desenvolvelas.
Ó comezo de 2007, decidimos crear unha revista de difusión gratuíta baixo o nome de Xogo Descuberto, que partise da crítica social e difusión cultural, e que tamén servise para convocar a xente interesada nas nosas actividades e informar das novas que se fosen dando. A mediados dese ano foise formando ademais dentro do colectivo un grupo de traballo especializado no tema audiovisual, encargado de rexistra-los actos que facemos ademais de producir material propio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario