lunes, noviembre 9

II Xornadas pola Cultura Livre [Novena Semana]


Semana importante das xornadas en Coia! Ala imos coa programación:

Xoves 12:
Actuación do Breo no CSA Xogo Descuberto, ás 20:30 horas e de balde. O Guindastre volvenos ceder a este elemento en exclusiva para o desfrute de tódolXs coianXs. Despois do concerto haberá cea, desta vez o noso chef preparará Ratatouille para Xs que se anoten. Coma sempre, 5 euros con pan e unha consumición. Podedesvos anotar antes do xoves ás 19:00 horas en xogodescuberto@hotmail.com ou no propio local.
Venres 13:
O venres está de noraboa outro músico do barrio, xa que Pow presenta o seu disco Ciudadano X na Sala A Farándula. Será ás 23:30 horas, e a entrada 5 euros con CD.
Sábado 14:
E por último, o día grande, de novo no local de Xogo Descuberto, onde celebraremos o magosto deste ano pero cunha programación especial para estas xornadas:
Contaremos cuns dos mellores artistas de rúa da nosa cidade; Pelucas, Tayone, Check... que ampliarán a súa obra na praza do noso centro social.
Haberá actividades para os mái cativos e cativas.
Virá Garci a rapear, e contaremos cun obradoiro de Beat-box a cargo de Gende.
Para rematar, haberá un magosto-festa con castañas e foliada! Non hai escusas, vemonos alí!

No hay comentarios: