martes, agosto 4

22 de agosto: Concerto de apoio ó C.S.A Xogo Descuberto


O lugar elexido é de novo A Farandula (rúa Churruca, Vigo), para que o sábado 22 de agosto ás 23:00 horas celebremos un segundo concerto para recadar fondos para o noso centro social. Desta ocasión convidamos ós compañeiros Ultima Sacudida que virán dende Donramiro, e máis a 3 bandas do noso barrio: Embestida, Beerseekers e a Tronka Jazz Quartet, que regresan ó escenario para sumarse á causa. E como non, presentando e animando estará unha vez máis o amigo Breo, cedido en exclusiva polos compas do C.S.A. O Guindastre. Estará presente tamén a distribuidora alternativa La Contra, con música, fanzines... e poderedes conseguilo material das bandas convidadas.
Todavía dubidas?

1 comentario:

embaixada prusiana dijo...

moi chulo o cartel! video-vixiados!

sorte no concerto e que recadedes suficiente para o proxecto que ten moi boa pinta.