jueves, septiembre 17

Xornadas pola Cultura Livre

Informamos de que mañá ás 18:00 na Radio Piratona (106.00 FM), e as 21:00 horas no CSA A Cova dos Ratos (Rúa Romil), presentaremos as II Xornadas Pola Cultura Livre. Informaremos do programa no que levamos meses traballando xunto con outros colectivos e centros sociais e que chegará con todo tipo de actividades culturais ata decembro. Trataremos de informar semanalmente de todo o que estamos a artellar, e podedes botarlle unha ollada a web conxunta e feita especialmente para estas II Xornadas: www.culturalibre.arkipelagos.net; que tamén se irá actualizando con toda a programación.

No hay comentarios: