Este sábado 26 de decembro hai convocada unha manifestación, á que agardamos asistades… Esta vez non se trata só de brandir bandeiras, senón de acadar algo: que non desaloxen a Casa das Atochas. E é que a inxusta xustiza comeza a activar o seu sucio engranaxe para botarnos, despois de case dous anos, e para impedir que construamos na súa marxe as nosas vidas, que intentemos camiñar xuntos cara unha vida máis libre. É momento de demostrar que non nos deixamos manipular tan fácilmente, que non somos marionetas no seu xogo de donos e escravos, que non cremos nas súas propiedades.
Por iso convocamos unha «solemne mani contra o desaloxo da real Casa das Atochas» na longa resaca do Nadal. Será un pracer para a asemblea compartir convosco, persoas, colectivos, nestas entrañables datas, esta xuntanza elaborada artesanalmente como antano, con ira e liberdade, contra o desaloxo, o aburrimento, os bancos, a lóxica, os cartos, as oposicións e a vida de ful, pola okupación, polas asembleas, pola igualdade, pola fraternidade, o aire… polo que non son gobernos, bancos, empresarios exemplares, vocacións, curros maravillosos, viaxes a Cancún, listas de boda… pol*s cormoráns, por tutatis, pola cara, polo santo punk, polas follas de herba, polo sagrado embigo, polas palabras tan grandes como liberdade ou polas palabras tan pequenas como cada unha das nosas vidas. Vinde ou enviade os vosos hologramas, ou anacos que desexedes mandar ou perder de vista. A rutina dos caciques non é a nosa lei; que o saiban. E que non teñamos que arrepentirnos de non facer por manter unha casa na que ó longo de case dous anos estamos, estades a intentar vivir fóra da forma imposta. (Si, esa casa na que ti, jarcoreta, estiveches pogueando salvaxemente; na que ti, gafapasta, puxeches cara de interesante na presentación dun corto alternativo; na que ti, costra, entraches co teu calimocho e o bebiches dentro; na que ti, disidente, debatiches despois dunha palestra incendiaria; na que ti, voceir*, presentaches a publicación do teu colectivo; na que ti, jipi, compartiches o teu xantar e o teu sorriso; na que ti, gandul*, ganduleaches ás túas anchas e conseguiches sentir esa casa como túa …). Traede ganas de cambia-lo mundo ou, no seu defecto, pancartas, silbatos, fachos …--
www.casadasatochas.info/
www.myspace.com/casadasatochas
jueves, diciembre 17
Manifestación contra o desaloxo da Casa das Atochas
miércoles, diciembre 16
viernes, diciembre 11
Magosto Antimilitar "Castañas non Bombas"
O Espazo Aberto Antimilitar convídavos a celebrar un Magosto Antimilitar baixo o lema "Castañas non Bombas" que terá lugar o sábado 12 de decembro a partires das 18h00 na Praza da Princesa. Na festa non faltará música, información e como non castañas, bebida...
martes, noviembre 24
II Xornadas pola Cultura Livre [Decimoprimeira semana: Gran remate final]
jueves, noviembre 19
II Xornadas pola Cultura Livre [Décima Semana]
lunes, noviembre 9
II Xornadas pola Cultura Livre [Novena Semana]
lunes, noviembre 2
II Xornadas pola Cultura Livre [Oitava Semana]
Seguimos coa programación; moi pronto actualizaremos a web das xornadas con todo novembro.
Esta finde non faltes ó concerto! Venres 06 ás 23:30 horas coma sempre, na sala A Farandula (Churruca, Vigo):
SIERVOS DE NADIE (Vigo)
TRASHBAILE (Porto)
GLASS (Vigo)
Desta vez a entrada son 3 euros, para seguir autoxestionando as xornadas.
E o sábado 07, ás 20:00 horas no CSA O Guindastre:
palestra participativa com RENDEREN colectivo editorial e algúns grupos que tenhem intervido no monográfico.
viernes, octubre 30
lunes, octubre 19
II XORNADAS POLA CULTURA LIVRE [SEXTA SEMANA]
miércoles, octubre 7
Xornadas pola Cultura Livre: 4ª Semana
E a cousa segue! E volvemos pechala semana cun concerto o sábado na Farandula.
Martes 6: Cantina Candela as 21:00 horas:
Recital poético e presentación do libro "Amilpa e o paliakate; nos camiños do outro México". Autor: Pipas.
Mércores 7: Cantina Candela as 22:00 horas:
Apertura do ciclo de actuacions dos mércores no Candela co Cabaret de Malandraxe.
Venres 8: Matrioska as 00:30 horas:
"Música Livre"
Pinchada a cargo de Dj Big Pipo
Sábado 10: A Farandula ás 23:30 horas, entrada 5 euros:
"Concerto Punk"
Marxe Eskerda
Eskorbuto (r)
Los Bingo Brothers
Essenzia de lapo
lunes, septiembre 28
Xornadas pola cultura livre [Terceira semana]
Continuamos! Ademais das actividades programadas para esta fin de semana, podedes velas duas primeiras exposicións de cultura livre destas xornadas, moi recomendabeis:
-Exposición a cargo do Grupo Arbeit na Cova dos Ratos.
-Exposición de fotografía a cargo de Jato no CSA Xogo Descuberto.
Imos logo coa programación:
Dia: Venres 2:
Lugar: C.S. Xogo Descuberto (Coia)
Hora: 19:30
Palestra - "Alasbarricadas.org vs SGAE"
Dia: Venres 2:
Lugar: C.S. Xogo Descuberto (Coia)
Hora: 21:30
Cantautor "Chicho"
Dia: Sabado 3
Lugar: C.S. O Guindastre (Teis)
Hora: 18:00
Palestra/Mesa redonda - "Contrainformacion na rede"
Indymedia Gz
Alasbarricadas.org
La haine
Dia: Sabado 3
Lugar: C.S. O Guindastre (Teis)
Hora: 22:00
Cantaurores:
Breo
O Leo I Arremecaghona
lunes, septiembre 21
II Xornadas pola Cultura Livre: 2ª semana
Trala súa presentación a anterior fin de semana, a xornadas van collendo forma; ahí vai a programación para a segunda semana.
Xoves 24: “Editoriais livres”
-Na Cantina Candela (rúa Martín Códax), as 20:30, teremos a Editorial Estaleiro, presentando o seu proxecto de editorial independente, as súas novidades e unha exposición do seu material.
Venres 25: “Visionadas livres”
-No C.S. A Cova dos Ratos (rúa Romil), as 20:30, visionada do filme creative commons Oceanía, con subtitulos inéditos en galego.
Pintxos
Venres 25: “Música livre”
-As 23:30, cita obrigada na farándula, co concertazo de Hip Hop a cargo de:
Trasnos de Moscoso
Beatus Ille
Track Asedio
Furnier
A entrada será de 5 euros, destinada a autoxestión destas xornadas.
Xornadas pola Cultura Livre: Manifesto
O cambio de nome (antisgae>pola cultura livre) ven dado por un cambio de enfoque. O ano pasado se denominaron AntiSgae e creimos que para este ano o mellor era nonposicionarnos en contra de ninguen directamente, se non que, mais ben, queremos apostar por unha cultura nosa. Da rúa e da xente. Ao marxe de codiciosos dereitos de autor.O noso obxetivo e crear cultura, potenciala e difundila. Non lles imos a dar mais cancha.
As xornadas do ano pasado xiraron, tal vez en exceso, demasiado en torno ao mundo da musica. Para este ano, dende o primeiro instante nos propuxemos ampliar o campo de actuacion pasando a outros ambitos como son o teatro, fotografia, audiovisual, software, literatura, ... Sen deixar de lado outras manifestacions artisticas como poden ser o Skate e Bmx, Graffittis, collages, ... Esto supón un reto para a organizacion xa que muitxs non controlabamos directamente a artistas en todos estes ambitos.
As xornadas son plenamente autoxestionadas. Como non podia ser de outro xeito, non recibimos, nin pedimos, nin queremos, ningun tipo de axuda institucional. Nos financiamos directamente das actividades que nos mesmxs creamos, sendo practicamente todos os actos gratuitos agás alguns concertos nos que habera unha aportacion en forma de entrada para poder sufragar os gastos que conlevan os desplazamentos das bandas, colectivos e individualidades participantes. No caso de que por un casual, estas actividades xeneren algun beneficio economico ao final das xornadas, estes cartos irán destinados a un bote pola cultura livre, e no caso de non necesitalo ao longo do ano, quedaran destinados a financiar as vindeiras xornadas.
Ningun dos colectivos, agrupacions teatrais, bandas musicais cobra un peso e se estan a comprometer con estas xornadas dun xeito altruista. Polo amor ao arte, nunca mellor dito.
jueves, septiembre 17
Xornadas pola Cultura Livre

martes, agosto 4
22 de agosto: Concerto de apoio ó C.S.A Xogo Descuberto

O lugar elexido é de novo A Farandula (rúa Churruca, Vigo), para que o sábado 22 de agosto ás 23:00 horas celebremos un segundo concerto para recadar fondos para o noso centro social. Desta ocasión convidamos ós compañeiros Ultima Sacudida que virán dende Donramiro, e máis a 3 bandas do noso barrio: Embestida, Beerseekers e a Tronka Jazz Quartet, que regresan ó escenario para sumarse á causa. E como non, presentando e animando estará unha vez máis o amigo Breo, cedido en exclusiva polos compas do C.S.A. O Guindastre. Estará presente tamén a distribuidora alternativa La Contra, con música, fanzines... e poderedes conseguilo material das bandas convidadas.
Xornadas Anarcorurais no C.S.A. A Formiga
miércoles, julio 29
Concerto Acústico no C.S.A Xogo Descuberto
lunes, julio 13
"Non á guerra, nin como espectáculo", concentración contra o Festival Aéreo de Vigo

Novamente a cidade acolle este festival internacional, un despilfarro máis, outro atentado ecolóxico á ría, outra limpeza de cara do exército e da súa verdadeira función.
Máis info en: www.nonaogastomilitar.org
Ataque ó C.S.A. O Fresco (Ponteareas)
jueves, julio 2
Axenda de cursos impartidos no local
Temos o gusto de comunicarvos os cursos e actividades que temos na Asociación. Pouco a pouco tratarémos de encher máis o calendario.
FOTOGRAFÍA: sábados de 16:30 a 18:30 (de balde)
APOIO @S NEN@S DO BARRIO: xoves de 18:00 a 19:00
PERCUSIÓN TRADICIONAL : mércores de 17:30 a 19:30 (10€) todas as idades
DEBUXO: venres de 18:00 a 20:00 (5€).
Vos podedes apuntar e recibir máis información no local da asociación ou no correo xogodescuberto@hotmail.com
Unha aperta.
Xogo Descuberto.
lunes, junio 1
Erosión Inducida, teatro, mimo, danza, performance...
Este venres no local da Asociación Cultural Xogo Descuberto a partir das 21:30 o espéctaculo Erosión Inducida.
Estades todxs invitadxs
viernes, mayo 8
La Casika os llama
jueves, abril 30
Concerto Radio Piratona
A Radio Piratona (106.0 Fm Ria de Vigo) organiza un novo concerto para recaudar fondos para a autoxestión do colectivo... Desta volta será na sala A FARANDULA na Praza de Portugal (Antigo Patatús) de Churrruca (Vigo). A hora de comezo do concerto será as 23:00 e tera un coste de 5€ (destinados á radio)
Estarán tocando:
SIERVOS DE NADIE HC-Punk dende Coia. Recén chegados de unha mini xira europea na ke se deixaron caer por francia, suiza e italia, ademais de varias fechas pola peninsula... www.myspace.com/siervosdenadie
PRAP´SHardcore old school dende Ourense. Unha das mais velhas bandas galegas ke todavia están en activo. Das pioneiras no estado dentro do seu estilo e ke siguen mantendo vivo akel espiritú... www.myspace.com/praps
AKRATAPunk-rock dende Vitoria-Gasteiz. Segunda vez ke actuan estes cracks para a Radio Piratona! Pedazo de grupo e pedazo de xente! xa van para 15 anos nos escenarios e teñen mogollon de material editado. para mais info: www.myspace.com/akrata
Xa sabedes! Tedes unha cita obligada coa RADIO LIBRE! Ademais, haberá sorteos de camisetas da radio (modelo 09) coa entrada. Reenviade este mail entre os vosos contactos e axudadenos a darlle a maxima difusion posible ao acto!! A web da piratona está actualizada!! xa podedes escoitar os ultimos audios da radio dende a web!! www.sindominio.net/piratona
viernes, marzo 13
Novo Local Social de Xogo Descuberto

Pero como sabedes os comezos non son sinxelos, así que imos abusar un pouco da amizade cos colegas de Beerseekers, Vagabanda, Rojo 2 e Tanghana´s Show xa que sempre están ahi para botar unha man, e facer un concerto o venres 27 na Farándula en Churruca. Será ás 23:30 e os 5 euros da entrada serán destinados para o local. Alí nos vemos!
miércoles, marzo 11
Revista Número 7 xa na rúa!
Ben, este número 7 atrasousenos un pouquiño...de máis. Pero máis vale tarde que nunca, así que non o dubidedes e buscade xa a nova revista de Xogo Descuberto.
lunes, enero 5
A Cultura Preokupa
Con este lema ¨A Cultura Preokupa¨, leva en activo dende Marzo do ano pasado a Casa Ocupa das Atochas na Coruña. Cerca dun ano no que levaronse a cabo infinidade de proxectos de todo tipo. Pero agora, as chinchetas do mapa inmobiliario acechan a zoa das Atochas e semella que a casa Ocupa o ten compricado fronte a especulación existente no barrio.
Nós estivemos alí fai uns meses co galo do concierto de Moho, e fixemos unha entrevista a Hector e Emilio quenes levan o asunto das actuacións, fomos tratados coma un máis, e o pasamos de puta nai no concerto.
Dende aquí mostramos o noso apoio á Casa Das Atochas, porque tamén nos Preokupa a Cultura. Sorte en todo o que venga, esperemos que a pesar da presión aguantedes un bo tempo con proxectos como os que fixestedes ata agora.
http://aculturapreokupa.blogaliza.org/
-¿Como ha recibido el barrio la propuesta?
-Habéis tenido algún problema o amenaza?
-¿Estáis preparados ante los problemas y amenazas?
-Que proyectos tenéis a medio largo plazo?
-Si hubiera un desalojo ¿Repetiríais?

